TERAPIAS VISUAIS ON-LINE
SERVIZOS CONSULTA OFTALMOLÓXICA DRA. Mª V.PALOMAR |
A maioría dos exercicios visuais requiren de aparatos complexos, polo que habitualmente o paciente debe acudir ó centro onde lle realizan o tratamento para poder efectuar os exercicios visuais.
Despois de varios anos tratando a centos de pacientes, temos desenvolto uns exercicios para tratar determinadas anomalías da visión binocular que se poden realizar dende un ordenador no mesmo domicilio do paciente.
Somos o primeiro centro internacional que ofrece terapia visual on-line, a través das nosas páxinas webs, sendo éstas programadas para cada paciente en función do problema a tratar.
En tódolos casos realízase previamente un exame optométrico minucioso para determinar o programa de rehabilitación máis adecuado para solucionar a anomalía da visión binocular.