CAMPIMETRÍA
SERVIZOS CONSULTA OFTALMOLÓXICA DRA. Mª V.PALOMAR |
O campo visual é a porción de espazo que pode abarcar un ollo permanecendo inmóbil e fixando un punto que forme a súa imaxe na mácula. Representa a proxección no espazo da retina sensible, como unha “illa de visión”, que representa a sensibilidade visual. A zona correspondente á fóvea central é a máis sensible, e vai diminuíndo cara a periferia. Polo xeral, para o seu estudo empléase tanto a perimetría cinética Goldmann, como a campimetría computadorizada, anque como exploración inicial rápida pódese utilizar tamén a perimetría de confrontación. |
Realizamos todo tipo de exploración do campo visual tanto dinámico, como estático; tendo no noso departamento de perimetría un dos campímetros computarizados de máis avanzada tecnoloxía, realizamos seguimentos campimétricos, analizando todos os datos informáticos, cun dos software máis avanzados do mercado.
Contando con programas específicos para a detección e seguimento do glaucoma, así como para o seguimento de enfermidades neurooftalmolóxicas.
CAMPÍMETROS DE MAN | CUADRANTANOPSIA SUPERIOR | HEMIANOPSIA HOMÓNIMA COMPLETA SUPERIOR | |
CAMPÍMETRO DICON | SALA DE EXPLORACIÓN DO CAMPO VISUAL | SEGUIMENTO INFORMÁTICO DAS CAMPIMETRÍAS | |
|
|