cabecera_cop_cast
Español Galego English Francais German

CAMPIMETRÍA

SERVIZOS CONSULTA OFTALMOLÓXICA DRA. Mª V.PALOMAR
campimetria

O campo visual é a porción de espazo que pode abarcar un ollo permanecendo inmóbil e fixando un punto que forme a súa imaxe na mácula. Representa a proxección no espazo da retina sensible, como unha “illa de visión”, que representa a sensibilidade visual. A zona correspondente á fóvea central é a máis sensible, e vai diminuíndo cara a periferia. Polo xeral, para o seu estudo empléase tanto a perimetría cinética Goldmann, como a campimetría computadorizada, anque como exploración inicial rápida pódese utilizar tamén a perimetría de confrontación.

Clinicamente, a campimetría utilízase para realizar o control evolutivo de diferentes enfermidades, como o glaucoma e outras enfermidades da retina, como a retinosis pigmentaria, enfermidades dexenerativas, tumores cerebrais, problemas vasculares, hipertensión arterial, diabetes, etc. Podendo ser tamén utilizada para o estudo das lesións da vía óptica, xa que detectando os defectos campimétricos podemos determinar a localización da lesión neurolóxica.

Realizamos todo tipo de exploración do campo visual tanto dinámico, como estático; tendo no noso departamento de perimetría un dos campímetros computarizados de máis avanzada tecnoloxía, realizamos seguimentos campimétricos, analizando todos os datos informáticos, cun dos software máis avanzados do mercado.

Contando con programas específicos para a detección e seguimento do glaucoma, así como para o seguimento de enfermidades neurooftalmolóxicas.

campimetros_de_mano CUADRANTANOPSIA_superior hemianopsia_homonima_completa_izquierda
CAMPÍMETROS DE MAN CUADRANTANOPSIA SUPERIOR HEMIANOPSIA HOMÓNIMA COMPLETA SUPERIOR
campimetro_DICON_004 SALA_EXPLORACION_CAMPO_VISUAL seguimiento_informatico_campimetrias
CAMPÍMETRO DICON SALA DE EXPLORACIÓN DO CAMPO VISUAL SEGUIMENTO INFORMÁTICO DAS CAMPIMETRÍAS
 
 
 
 
 
Somos o primeiro centro internacional que ofrecemos terapia da visión ON LINE, a través dos nosos sitios web, estes prográmanse para cada paciente dependendo do problema a tratar.      
  banner-acceso-pac-tvol


 
 
Somos pioneiros na rehabilitación visual de pacientes con perdas no campo visual sectorial, trata da rehabilitación dos pacientes que perderon despois dun accidente vascular cerebral, derrame cerebral ou lesión cerebral traumática, parte do seu campo visual. Estes tratamentos son realizados exclusivamente polo Dr. Fernando Palomar, de forma personalizada. Distribuidores internacionais exclusivos dos prismas adxuntos do Palomar.
    


 
 
 
Realizamos, en exclusiva a nivel internacional, rehabilitación después de un ictus. Tratando todas las secuelas visuales como perdidas sectoriales de campo, alteraciones de la visión binocular, problemas de motilidad ocular, diplopías, etc. Contamos con nuestra plataforma de Terapia Visual ON LINE de Palomar© para tratarle de forma personalizada cualquier problema después de un ictus, o accidente cerebrovascular.
      
SERVIZOS DO CENTRO

SERVIZOS DO CENTROS EN BARCELONA

◄ VOLVER

logo_vigo_x160

Datos fiscales: CONSULTA OFTALMOLÓGICA Dra. Mª V. PALOMAR

Uso de cookies

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia de uso. Las cookies utilizadas para el funcionamiento esencial del sitio ya se han establecido. Para saber que tipo de cookies utilizamos y como eliminarlas, ver el siguiente enlace.


Acepto las cookies de este sitio.